Publicacións

Fin de curso!

Imaxe
 E chegou o último día de clases. Fixemos festa na aula e festa con todas as compañeiras e compañeiros do centro, cantando, bailando, e festexando os 50 anos do noso cole!                            

Fin dos experimentos

Imaxe
 Finalizamos o tempo de experimentos deste curso cunha ilusión óptica e o estudo de densidades.   Efecto óptico     Densidades

Traballamos as plantas

Imaxe
Na área de Ciencias da natureza estivemos afondando un pouco máis no coñecemento das plantas. Elaboramos o noso proxecto: Que foi evolucionando...   Realizamos un lapbook                  E, por suposto, plantamos! Nesta ocasión foi millo, que levamos para casa.

Criando vermes

Imaxe
 Chegou a primavera, e con ela moitos animais empezan a espertar do seu letargo e a criar. Por iso, trouxemos uns oviños á aula.  Uns oviños dos que vimos nacer pequenos vermes. E medrar grazas aos nosos coidados e ás follas de morera que lle traiamos.    Ata que se foron transformando en...       E finalmente, remate o ciclo da vida...         

Os nosos Kamishibai

O Kamishibai é un xeito de contar contos a través dun pequeno teatro.  Nós fixémolo traballando por equipos, pintando as láminas que representarían o conto; aprendendo os nosos guións; gravando o son; e gravando o vídeo.  Aínda que nos costa expresarnos en galego, o resultado son estes marabillosos contos:  Equipo 1       Equipo 2        Equipo 3     Equipo 4

Visita á praza de Abastos

Imaxe
 Onte, 14 de xuño, visitamos a praza de Avastos de Moaña para coñecer máis de cerca o seu traballo e o comercio local. Logo, tamén tivemos tempo para xogar un pouco no parque.