Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2022

Cos bolechas

Imaxe
O 28 de abril veu ao cole María Faltri, coa actividade Xirarei, na que nos presentaba o novo libro "Os bolechas van a Moaña". Escoitamos, bailamos e cantamos!  

Grans de area

Imaxe
A aprendizaxe por servizos é un tipo de ensino que pretende que o alumnado aprenda mentres realizan un servizo á comunidade. Por este motivo, dende o centro, participamos na iniciativa do Concello de colaboración cidadá a través do voluntariado miúdo, coas nenas e nenos, nun proxecto realizado desde a direción do centro chamado Grans de area. Porque un gran de area non é nada, pero xuntando moitos grans podemos formar un deserto. Por iso, a colaboración de todas e todos na sociedade é importante.  Dentro deste proxecto, este mes colaboramos na limpeza da praia da Xunqueira, para limpar, pero sobre todo, aprender a importancia de manter limpas as nosas praias e ser conscientes e consecuentes coas nosas accións:    

Contacontos

Imaxe
 O 27 de marzo celebrouse o día do teatro. Por iso, ao longo de toda a semana, desde a biblioteca, propuxéronse diferentes actividades de animación á lectura, contacontos, actividades de introdución ao teatro e coñecemento de actores e actrices de Moaña.  En 1º pudemos gozar do marabilloso contacontos "Oli"      

Experimentamos

Imaxe
 As Ciencias forman parte das nosas vidas, por iso podemos aprender a través de experimentos sinxelos que forzas ou cambios físicos se producen naquelo que nos rodea. Empregando o libro Experimenta Ciencia como guía, gozamos facendo diferentes experimentos na clase.     Elaboramos os nosos paracaídas para ver como a forza de gravidade actúa atraendo os corpos cara a terra e o aire que queda atrapado no paracaídas ofrece resistencia e frea a caída: Paracaídas en laboratorio Paracaídas con algo máis de altura Vimos o que é un cambio químico que produce un gas... Globo que hincha só E outro cambio químico vímolo escribindo mensaxes secretas con limón, a índa que non todas nos saíron ben... a vida do científico!       Vídeo 1    Vídeo 2   Vídeo 3

Ciencias da Natureza

Imaxe
 Ao longo do trimestre repasamos o corpo humano e os diferentes aparellos que o compoñen.  Pero o noso novo proxecto centrouse nos animais vertebrados e, especificamente, nos mamíferos. Partimos do que sabiamos ou críamos saber... Para chegar ao que queremos saber e a moitas cousiñas que aprendemos polo camiño Traballamos con moitísimos mamíferos, colocándoos no seu continente de orixe, aprendendo os continentes e algunhas das características destes animais...    E tamén estudamos o resto dos reinos e as súas características. Para practicalo, xogamos coas tarxetas e os escornabots! Por iso, xa sabemos o tipo de reprodución que teñen,  como se alimentan,  de que está cuberto o seu corpo, e cal é o seu hábitat  A aprender xogando! Practicamos as matemáticas: contamos, traballamos a lateralidade...       Vídeo 1    Vídeo 2    Vídeo 3    Vídeo 4    Vídeo 5    Vídeo 6    Vídeo 6    Vídeo 7

Día da muller

Imaxe
Isto é un non parar... lemos, escribimos e creamos! Nesta ocasión fixemos marcapáxinas para unha muller especial na nosa vida, e coas nosas flores compuxemos este precioso mural para conmemorar o día da muller!