Para desenvolver a nosa creatividade e integrar as diferentes partes dun ecosistema, estamos a crear minimundos. E, seguindo a actualidade, tivemos que facer os nosos propios volcáns!: E, por suposto, fixémolos erupcionar: Equipo 1 Equipo 2 Equipo 3 Equipo 4
Na área de Ciencias da natureza estivemos afondando un pouco máis no coñecemento das plantas. Elaboramos o noso proxecto: Que foi evolucionando... Realizamos un lapbook E, por suposto, plantamos! Nesta ocasión foi millo, que levamos para casa.
E chegou o último día de clases. Fixemos festa na aula e festa con todas as compañeiras e compañeiros do centro, cantando, bailando, e festexando os 50 anos do noso cole!
Comentarios
Publicar un comentario