Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2022

Coñecendo o espazo

Imaxe
No terceiro trimestre estivemos a aprender sobre o noso planeta, a lúa e as súas fases, o sistema solar... E construimos o noso propio sistema solar sobre cartolina, para aprender os planetas. O resultado: estes fermosos sistemas solares!:                   

Experimentamos

Imaxe
Avanzamos no terceiro trimestre e continuamos cos nosos experimentos. Xa somos tan expertos que aprendemos que non sempre nos saen ben, e temos que seguir insistindo. E outras facémolo xenial e xa nos atrevemos a explicalos! Experimento con imáns     Vídeo 1   O aire ocupa un espazo     Vídeo 1      Vídeo 2

50 anos do Reibón!

Imaxe
Este curso o noso centro fai 50 anos! Todo un acontecemento. Para recordar este momento, decidimos todas e todos vestirnos coa camiseta vermella, a cor do cole, e sacarnos unha fotografía:  

Non ás guerras!

Imaxe
Desde os centros educativos, cada día, traballamos a non violencia e a resolución pacífica dos conflitos. Por iso, todos os anos se conmemora o día da paz e a non violencia o 30 de xaneiro. Pero este ano, debido á cercanía da guerra entre Rusia e Ucrania que o alumnado comenta porque o ve a través das noticias, quixemos facer un acto máis visible como rexeitamento ás guerras, xa que esta última non é a única. Por iso, saímos ao patio e coas nosas mans pintadas de branco, gardamos un minuto de silencio polas vítimas, manifestando así o noso rexeitamento a todas as guerras, en calquera parte do mundo.