Seguimos lendo e escribindo, pintando e investigando... Neste trimestre centrarémosnos na nosa contorna, e comezamos pola paisaxe de costa. Para iso, que mellor que facer unha visita á nosa praia da Xunqueira a recoller mostras! Logo, en equipo, construímos os nosos propios minimundos de costa. E este é o resultado! Equipo 1 Equipo 2 Equipo 3 Equipo 4 Seguimos traballando as matemáticas con scornabots e outros xogos!
Avanzamos no terceiro trimestre e continuamos cos nosos experimentos. Xa somos tan expertos que aprendemos que non sempre nos saen ben, e temos que seguir insistindo. E outras facémolo xenial e xa nos atrevemos a explicalos! Experimento con imáns Vídeo 1 O aire ocupa un espazo Vídeo 1 Vídeo 2
Na área de Ciencias da natureza estivemos afondando un pouco máis no coñecemento das plantas. Elaboramos o noso proxecto: Que foi evolucionando... Realizamos un lapbook E, por suposto, plantamos! Nesta ocasión foi millo, que levamos para casa.
Comentarios
Publicar un comentario