Avanzamos no terceiro trimestre e continuamos cos nosos experimentos. Xa somos tan expertos que aprendemos que non sempre nos saen ben, e temos que seguir insistindo. E outras facémolo xenial e xa nos atrevemos a explicalos! Experimento con imáns Vídeo 1 O aire ocupa un espazo Vídeo 1 Vídeo 2
O Kamishibai é un xeito de contar contos a través dun pequeno teatro. Nós fixémolo traballando por equipos, pintando as láminas que representarían o conto; aprendendo os nosos guións; gravando o son; e gravando o vídeo. Aínda que nos costa expresarnos en galego, o resultado son estes marabillosos contos: Equipo 1 Equipo 2 Equipo 3 Equipo 4
A paz é algo que se traballa día a día, cos compañeiros e compañeiras, aprendendo a respectarnos, a resolver os conflitos, aprendendo a desculparse e a perdoar. Pero o día 28 de xaneiro quixemos recordalo cun baile especial e decorando as nosas fiestras co símbolo da paz: a pomba. Vídeo 1 Vídeo 2
Comentarios
Publicar un comentario