Non ás guerras!
Desde os centros educativos, cada día, traballamos a non violencia e a resolución pacífica dos conflitos. Por iso, todos os anos se conmemora o día da paz e a non violencia o 30 de xaneiro.
Pero este ano, debido á cercanía da guerra entre Rusia e Ucrania que o alumnado comenta porque o ve a través das noticias, quixemos facer un acto máis visible como rexeitamento ás guerras, xa que esta última non é a única. Por iso, saímos ao patio e coas nosas mans pintadas de branco, gardamos un minuto de silencio polas vítimas, manifestando así o noso rexeitamento a todas as guerras, en calquera parte do mundo.
Comentarios
Publicar un comentario