Ciencias da Natureza
Ao longo do trimestre repasamos o corpo humano e os diferentes aparellos que o compoñen.
Pero o noso novo proxecto centrouse nos animais vertebrados e, especificamente, nos mamíferos. Partimos do que sabiamos ou críamos saber...
Para chegar ao que queremos saber e a moitas cousiñas que aprendemos polo camiño
Traballamos con moitísimos mamíferos, colocándoos no seu continente de orixe, aprendendo os continentes e algunhas das características destes animais...
E tamén estudamos o resto dos reinos e as súas características. Para practicalo, xogamos coas tarxetas e os escornabots!
Por iso, xa sabemos o tipo de reprodución que teñen,
como se alimentan,
de que está cuberto o seu corpo,
A aprender xogando! Practicamos as matemáticas: contamos, traballamos a lateralidade...
Comentarios
Publicar un comentario