Grans de area

A aprendizaxe por servizos é un tipo de ensino que pretende que o alumnado aprenda mentres realizan un servizo á comunidade. Por este motivo, dende o centro, participamos na iniciativa do Concello de colaboración cidadá a través do voluntariado miúdo, coas nenas e nenos, nun proxecto realizado desde a direción do centro chamado Grans de area. Porque un gran de area non é nada, pero xuntando moitos grans podemos formar un deserto. Por iso, a colaboración de todas e todos na sociedade é importante. 
Dentro deste proxecto, este mes colaboramos na limpeza da praia da Xunqueira, para limpar, pero sobre todo, aprender a importancia de manter limpas as nosas praias e ser conscientes e consecuentes coas nosas accións:
  


Comentarios

Publicacións populares deste blog

Criando vermes

Traballamos as plantas

Experimentamos