Publicacións

Febreiro 2

Imaxe
Este mes foi moi axetreado!  Do traballo de motricidade fina saíron estas preciosas máscaras para decorar a entrada do centro no entroido.   Celebramos a festa todas e todos disfrazados de mimos!      Seguimos a traballar as Ciencias e visitamos o laboratorio para manipular as partes do corpo humano.      E alí atopamos esta sorpresa...  Un caimán!    Celebramos o día de Rosalía, traballando un dos seus poemas, escribindo unhas fermosas palabras nos pétalos dunha flor, e formando un fermoso mural no patio co seu retrato.     Ver vídeo

Febreiro

Imaxe
 En febreiro estamos a traballar a motricidade fina coa temática do San Valentín e o Entroido. Que sairá de aquí...?      

Día da paz

Imaxe
 A paz é algo que se traballa día a día, cos compañeiros e compañeiras, aprendendo a respectarnos, a resolver os conflitos, aprendendo a desculparse e a perdoar. Pero o día 28 de xaneiro quixemos recordalo cun baile especial e decorando as nosas fiestras co símbolo da paz: a pomba. Vídeo 1 Vídeo 2

Xaneiro

Imaxe
Seguimos lendo e escribindo, pintando e investigando... Neste trimestre centrarémosnos na nosa contorna, e comezamos pola paisaxe de costa. Para iso, que mellor que facer unha visita á nosa praia da Xunqueira a recoller mostras!      Logo, en equipo, construímos os nosos propios minimundos de costa.                 E este é o resultado! Equipo 1       Equipo 2   Equipo 3     Equipo 4 Seguimos traballando as matemáticas con scornabots e outros xogos!    

Decembro!

Imaxe
 Este mes fixemos moitas cousas no cole:  - Manualidades nas que picamos, recortamos, pegamos, construímos...             - Estudamos o corpo humano.  - A familia e as partes da casa.  - Lectoescritura. Cada día mellor! - Matemáticas. A novidade é traballalas con scornabot! Vídeo 1             Vídeo 2 - E iniciámonos na lingua de signos ! Agora a descansar e repoñer enerxías. Boas Festas!